miércoles, 8 de diciembre de 2010

Modalidades de contratos de traballo

Pincha na imaxe que tes a continuación e poderás acceder ás diferentes modalidades de contratación laboral vixentes na actualidade.


Para ver un esquema moi resumido das modalidades agranda a seguinte imaxe:


E, por último, para ver un esquema completo coas modalidades de contratación e as súas características, entra neste ENLACE DO INSTITUTO ARAGONÉS DE EMPLEO



martes, 26 de octubre de 2010

Centros de Atención á Infancia


As escolas infantís (0-3 anos) son consideradas unha oportunidade de negocio segundo un informe de BIC Galicia.
No enlace que figura abaixo podes saber máis acerca dos diferentes tipos de centros de atención á infancia, entre os que se atopan as Escolas Infantís, os Puntos de Atención á Infancia (PAI) e os Espazos Infantís.

Temos tamén información moi interesante sobre dous modelos de negocio de Escola Infantil, un nun entorno urbano e outro no rural.

ENLACE

Neste outro LINK podes ver as oportunidades de negocio na zona de Ferrolterra.

En concreto hai un informe sobre a boa opción de negocio que supón crear una escola infantil na comarca de Ferrolterra que traballaremos o ano que ven no ciclo de Iniciativa Emprendedora. Podes ir botándolle un vistazo neste ENLACE

domingo, 24 de octubre de 2010

Oferta pública de emprego: Rede de Escolas Infantís de Galicia


Como ben sabedes até hai dous anos funcionaba na nosa comunidade o sistema de escolas infantís baseado no concepto das Galescolas (podes ver información sobre elas e o seu proceso de selección nunha entrada anterior)
Co cambio de goberno cambiou o sistema e agora chámase Rede de Escolas Infantís de Galicia

As Escolas Infantís son os centros educativos da Rede Galega de Escolas Infantis de 0 a 3 anos xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
Trátase dun servizo público de atención á infancia con idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos.

Busca información na web do consorcio de igualdade e benestar, referente a os centros xa existentes e os de próxima creación para ter unha idea das prazas de persoal laboral que poden crearse para xente do ciclo de infantil.

Le tamén de cando en vez os anuncios da páxina , por se houbese algunha praza convocada para estes centros.

Por último, ten en conta que existen moitas máis escolas infantís públicas das que figuran na Rede Galega de Escolas Infantís, xestionadas en moitos casos polos concellos correspondentes. Atoparás información sobre elas nas páxinas web de cada concello.

viernes, 22 de octubre de 2010

Datos do observatorio ocupacional para turismo


(pincha na imaxe para agrandala)

Ao igual que sucede cos de Educación Infantil, os técnicos de empresas turísticas son moi demandados nos últimos anos en Galiza, segundo o estudio do Observatorio ocupacional da Consellería de Traballo e benestar. Aumentando o número de contratacións e con unha estabilidade laboral media.

Datos do observatorio ocupacional



Como podedes observar os técnicos de educación infantil son moi demandados nos últimos anos en Galiza, segundo o estudio do Observatorio ocupacional da Consellería de Traballo e benestar. Aumentando o número de contratacións e con unha estabilidade laboral media.

jueves, 21 de octubre de 2010

Como atopar emprego


Esta presentación danos algúns consellos que poden ser útiles á hora de buscar emprego.


Como saír airoso de 5 preguntas complicadas nunha entrevista de traballo


Nun post de EL BLOG SALMÓN cóntannos como capear estas cinco cuestións que poden aparecer nunha entrevista laboral:
“Fáltache experiencia”...pero teño moitas capacidade de aprendizaxe
“A túa formación non é a adecuada ao posto”...pero serviume para mellorar a miña capacidade de traballo en equipo, a capacidade de sacrificio e a capacidade analítica para enfrontarme a problemas.
“Eres moi novo”...pero a miña formación é máis actual e permíteme maior capacidade de adaptación.
“Eres moi vello”...pero conto coa vantaxe da miña experiencia acumulada.
“A xente hoxe en día non se compromete”...pero eu espero que a miña colaboración no cumprimento dos obxectivos da empresa redunde en beneficio de ambos.

ENLACE

O 40% dos currículums enviados ás empresas teñen datos falseados


Segundo un artículo publicado na Voz de Galicia, case a metade dos currículums conteñen información falsa ou esaxerada.
Estes datos falsos non son detectados en moitos casos, pois comprobar exhaustivamente todos os datos levaría demasiado tempo ás empresas de selección e un custo elevado para as empresas contratantes.
Aínda que os custos xerados á empresa pola contratación de un traballador inadecuado poden ser moito maiores.
Podes ver toda a noticia no ENLACE

Comunicación non verbal nas entrevistas de traballo


No blog do módulo de RET (Relacións no entorno de traballo) hai un artículo interesante que fala de como se debe dar a man nunha entrevista ou renión de traballo ou da información que se pode obter desa man que ofrecen.

Pincha neste ENLACE

entrevistas de traballo

Consellos xerais dunha entrevistadora profesional

martes, 5 de octubre de 2010

GUÍA DE EMPREGO 2010-2011


Guía elaborada polo concello de Santiago, na que podes atopar algunha información moi interesante:
  • xacementos de emprego (tanto de turismo como de ed. infantil),
  • postos de traballo nas administracións públicas,
  • cómo facer un plan de empresa,
  • direccións útiles á hora de buscar emprego,
  • portais de emprego,
  • consellos para facer unha carta de presentación e o currículum,
  • consellos e cuestións que te farán nunha entrevista, etc.

domingo, 26 de septiembre de 2010

Datos de contratación e demandantes de emprego nas diferentes ocupacións


Na páxina web de Redtrabaj@, organismo dependente do Ministerio de Traballo podemos ver os datos rexistrados nas oficinas dos servizos de emprego para cada mes e para cada ocupación ou titulación.

Observatorio de las ocupaciones de Redtrabaj@ do Ministerio de Traballo.

Datos de Agosto de 2010 na rama de Hostalaría, para o ciclo de Turismo

Datos de Agosto de 2010 na rama de Servicios persoais, socioculturais e á comunidade
, para o ciclo de Infantil
(para ver os datos por provincias é mellor este outro enlace).

sábado, 18 de septiembre de 2010

Video: Como atopar un traballo (www.redtrabaja.es)


https://www.redtrabaja.es/es/redtrabaja/static/Redirect.do?page=introGuiasTrabajo

miércoles, 15 de septiembre de 2010

¿De que vai o meu ciclo?


Podes ver tanto o currículo como a programación correspondente a cada un dos ciclos.

C.S. Educación Infantil:

Currículum do C.S. de Educación Infantil

Programación de FOL

Guía, Información e Asistencia Turísticas:

Borrador do Currículo do C.S. Guía, información e asistencia turísticas

Programación de FOL

miércoles, 8 de septiembre de 2010

Novas tendencias na busca de emprego


"El tiempo del currículum vitae estático, como una foto fija, se acabó. La mejor manera de tener un currículum vitae competitivo es tener un portfolio digital, vivo, en constante construcción, relacionado y abierto donde, además de los títulos que acrediten conocimientos, se demuestren lazos reputacionales y rastros digitales que acrediten las verdaderas competencias."

2010-2020
32 Tendencias de cambio
Juan Freire y Antoni Gutiérrez-Rubí
Prólogo de Francis Pisani

lunes, 6 de septiembre de 2010

Reforma Laboral 2010

Neste enlace podes ver os cambios producidos pola reforma laboral realizada este verán.



Cos cambios introducidos no Congreso, unha empresa pode despedir por motivos económicos (con indemnización de 20 días por ano traballado) se alega "perdas actuais ou previstas" ou se rexistra "unha diminución pesistente do seu nivel de ingresos". Esta redacción limita moito máis os supostos en que un xuíz pode negarse a certificar que o despido obedece a razóns económicas. Así o Goberno pretende acabar coa anomalía que supón que, en plena crise, máis do 75% dos despidos se tramiten como improcedentes, principalmente porque o empresario prefire pechalos de inmediato e aforrarse a incertidume xudicial. Ademais, o Estado financia, a través dun fondo público nutrido con aportacións empresariais, parte da indemnización (será o FOGASA e non o empresario quen pague esa parte).

Máis aló dese cambio, a reforma universaliza o contrato máis barato en caso de despido improcedente (33 días por ano fronte aos 45 ordinarios). Esa fórmula, que xa podía aplicarse a un bo número de colectivos, amparará a cualquera persoa que veña do paro ou dun contrato temporal, o que na práctica reduce a modalidade dos 45 días a fichaxes entre empresas.

O maior avance en flexibilidade interna perseguese co modelo alemán de redución de xornada. A cambio de manter a plantilla, o empresario reduce a xornada e o soldo ao trabajador, que compensa a merma salarial cobrando o paro correspondente ás horas non traballadas. Para axilizar as decisións empresariais, o texto limita a 15 días improrrogables as negociacións para modificar as condicións de traballo da plantilla e crea a figura dun árbitro ao que se poderá recurrir en caso de desacordo. Facilítase, ademais, o "descuelgue salarial" respecto do que marque o convenio sectorial.

A reforma adéntrase tamén na regulación do desemprego. Os parados terán 30 días (ata agora eran 100) para rexeitar cursos de formación. A partir dese prazo poderán ser sancionados. Ademais, as axencias privadas de colocación colaborarán cos servizos públicos de emprego nas colocacións.

jueves, 27 de mayo de 2010

Paro para os autónomos


O Congreso aprobou hoxe por unanimidade a prestación por desemprego para autónomos
Segundo establece o proxecto, os autónomos que tivesen cotizado menos de 43 meses, terán medio ano de prestación, e os que o fixeran entre 43 e 48 meses, oito meses.
Os traballadores por conta propia que cotizaran máis de 48 meses terán dereito a unha prestación por desempleo

viernes, 30 de abril de 2010

Ciclo Superior de Guía, Información e asistencia turísticas


Se queredes ver a información sobre o novo ciclo que se impartirá no centro para o curso 2010-11 , pinchade no seguinte link.

É unha titulación LOE de 2000 horas, así que terá 2 cursos en lugar de 1 como tiña Axencias de Viaxes. No último trimestre do 2º curso é cando se fará a FCT (Formación en centros de Traballo) e o Proxecto.

INFORMACIÓN

viernes, 23 de abril de 2010

Carreiras relacionadas co C. S. de Axencias de Viaxes


Nestes enlaces que figuran a continuación podedes ver os programas dos graos que ten a Universidade da Coruña, relacionados co voso ciclo.

Lembrade que unha vez rematado o ciclo superior, tedes acceso automático a calquera grao universitario, ainda que tedes que ter en conta que para carreiras con limitación de prazas hai unha nota de corte. A nota coa que vos concurrides é a nota media do ciclo + unha porcentaxe dos dous módulos nos que teñades mellor nota.

Grao de Turismo na Coruña

Outras carreiras:
Grao en Ed. Infantil

Grao en Ed. Primaria

Programa do Grao en Ciencias Empresariais

Grao en Ciencias Empresariais

Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios

Unha vez escollido o grao, lembra que, polo feito de ter aprobado este ciclo, terás validados un número de créditos (concretos ou de libre configuración), que dependerán do grao e da universidade de que se trate. A última información relativa a este tema atópase na seguinte dirección GUÍA VALIDACIÓN
Esta información debería contrastarse nas diferentes facultades.

martes, 20 de abril de 2010

Carreiras relacionadas coa Educación infantil



Nestes enlaces que figuran a continuación podedes ver os programas dos graos que ten a Universidade da Coruña, relacionados co voso ciclo.

Lembrade que unha vez rematado o ciclo superior, tedes acceso automático a calquera grao universitario, ainda que tedes que ter en conta que para carreiras con limitación de prazas hai unha nota de corte. A nota coa que vos concurrides é a nota media do ciclo + unha porcentaxe dos dous módulos nos que teñades mellor nota.

Grao en Ed. Infantil

Grao en Ed. Primaria

Grao en Ed. Social

Grao en Logopedia

Unha vez escollido o grao, lembra que, polo feito de ter aprobado este ciclo, terás validados un número de créditos (concretos ou de libre configuración), que dependerán do grao e da universidade de que se trate. A última información relativa a este tema atópase na seguinte dirección GUÍA VALIDACIÓN
Esta información debería contrastarse nas diferentes facultades.

viernes, 9 de abril de 2010

Indemnización por despido millonaria


Galletas Gullón pagará 8,9 millóns a un directivo por despedilo, que incluen 700.000 euros en concepto de salarios de tramitación. O beneficiario é Miguel Martínez Gabaldón, director xeral de Galletas Gullón durante 22 anos, que foi despedido por unha suposta "deslealtade".
A empresa -a maior galleteira de Europa, que facturou o ano pasado 162 millóns e gañou 10 millóns en 2008- anunciou que recurrirá a sentencia, pero ten tamén a opción de readmitir ao empregado en lugar de pagar a sanción. Martínez Gabaldón gañaba na empresa 1,6 millóns brutos anuais. Detrás do procedemento xudicial hai unha cruenta batalla familiar polo control da sociedade.

Ver a noticia en EL PAÍS

sábado, 6 de marzo de 2010

Discriminación na roupa de traballo nunha óptica


O Xulgado do Social número 26 de Madrid deu a razón a unha empregada dunha óptica que interpuxo unha demanda por discriminación despois de que o seu xefe lle impuxese unha nova xornada laboral, con cambio de horarios e localización, tras solicitar desde o Comité de Empresa que se modificará a obrigación de que as mulleres tivesen que levar só roupa interior debaixo de bata para poder vestir a roupa de rúa, do mesmo xeito que fan os traballadores da empresa.

Esta traballadora, que era membro do Comité de Empresa, reclamou en outubro de 2008 un cambio na normativa interna da empresa sobre a diferenza da vestimenta obrigada das traballadoras fronte aos traballadores.

As mulleres non podían permanecer coa roupa de rúa e menos se consistía en pantalón
Os homes podían manter a súa roupa de rúa debaixo de bata de traballo, sempre que os pantalóns e zapatos non fosen deportivos.

Ver a noticia completa en Público
http://www.publico.es/espana/actualidad/258005/bata

viernes, 5 de marzo de 2010

Actividade voluntaria: Inspección de Traballo


Sería interesante coñecer cantas actuacións fixo durante este ano a Inspección de Traballo, cal foi o importe das sancións e o número de traballadores que se viron afectados por estes expedientes.

Facede un artículo no voso blog sobre este tema.

Para acceder ás estatísticas da Inspección de Traballo pincha no ENLACE

A xurisprudencia laboral


Algunhas das situacións orixinarias de conflicto laboral non están lexisladas por ningunha norma. Normalmente, trátase de situacións xeradas pola aplicación de novas técnicas de traballo.

Aquí podes ver dúas sentencias deste tipo.
A primeira é do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña sobre o uso indebido do correo electrónico.
A segunda é do TSXGalicia sobre navegación por Internet en páxinas non relacionadas co traballo.

jueves, 11 de febrero de 2010

jueves, 28 de enero de 2010

Informacións sobre emprego e recursos formativos


No Instituto Galego das Cualificacións poderedes observar datos de emprego da nosa comunidade, as ofertas de traballo por profesións e por zona xeográfica, datos de ocupación nas diferentes profesións.

Permite tamén seleccionar unha determinada profesión (técnico en educación infantil, técnico en axencias de viaxes, etc) e ver datos sobre paro rexistrado, evolución do número de contratos, etc.

Tamén un mapa cos centros que imparten os diferentes ciclos formativos nas diversas zonas ou concellos de Galiza.

lunes, 25 de enero de 2010

400 postos de traballo no IKEA da Coruña


Como ven sabedes IKEA ten previsto abrir as súas portas na Coruña a finais de xullo, e precisa persoal para os seguintes departamentos:

·Vendas
·Atención ao Cliente
·Loxística
·Recursos Humanos
·Comunicación e Deseño de Interiores
·Restaurante
·Administración
·Caixas
·Marketing

E para personas de todas as idades, con e sen experiencia previa, interesadas en traballar tanto a tempo completo como a tempo parcial.

As candidaturas poderán presentarse, dende o día 17 de xaneiro até o próximo 28 de febreiro, a través da web de IKEA ( www.ikea.es ). Para este motivo, IKEA creou dentro da súa páxina web un espacio específico para que os candidatos poidan deixar as súas solicitudes ( www.ikea.es/nuevasaperturas ). Os interesados deberán completar un formulario cos datos relevantes do seu perfil e establecer as súas preferencias laborais.

Aceptaranse e estudaranse todas as candidaturas, independentemente da data de presentación das mesmas. O proceso de selección prolongarase ao longo de varios meses xa que os postos teñen distinta data de incorporación atendendo á formación que requiren. Algúns empezarán traballando antes da apertura nos centros de Oviedo e Porto para que estén totalmente formados cando abra o da Coruña.

Oferta pública de emprego en territorio español


Podes ver as convocatorias DESTA SEMANA para ocupar prazas diversas na Administración Pública nas diferentes comunidades autónomas no seguinte ENLACE