Despois de identificar as instalacións, o grupo de traballo debe avaliar os posibles riscos presentes nos nosos espazos de traballo. Ten tres partes:
1) Sinalaredes cales son os posibles riscos:
- condicións de seguridade (lugar de traballo, uso de equipos, electricidade, incendios, sinalización).
- medioambientais (ruido, iluminación, temperatura, radiacións, etc).
- carga de traballo (fatiga física ou mental)
- organización do traballo (estrés, insatisfacción laboral, burn-out, mobbing).
Cando poñades un risco tedes que xustificalo ou concretalo no voso ciclo.
2) Analizaredes o risco e o valoraredes en función da seguinte táboa (tal e como se explica no libro de texto nas páxinas261 e 262):
3) Tedes que propoñer medidas para evitar eses riscos na medida do posible, indicando:
- acción a tomar
- prazo de execución