viernes, 27 de febrero de 2009

A empresa no cine


Outro recurso educativo que aborda diferentes temas relacionados coa empresa dende o cine.
Poderás ver algúns trailers de películas coñecidas que serven de axuda para reflexionar sobre temas como: a seguridade laboral, os accidentes de traballo, a motivación , o salario, os contratos, etc.

Esta actividade podes facela de forma autónoma. De momento escolle os trailers sobre estes temas: Busca de emprego, Contratos, Dereitos e Deberes, Extinción do contrato de traballo, Mobilidade Laboral, Salario e Xornada Laboral.

Segue sempre o mesmo procedemento: le o apartado ANTES DE EMPEZAR, mira o trailer, e responde ás cuestións que figuran no CUESTIONARIO. Despois dalle a ENVIAR e verás cantas respostas tes correctas.

Recurso educativo sobre os contratos de traballo e ACTIVIDADE


Nesta páxina atoparás información sobre os contratos de traballo: modalidades, modificación, suspensión e extinción dos mesmos.

Tamén conta con prácticas para que poidas comprobar os teus coñecementos.

Ademais deberás facer a seguinte ACTIVIDADE

lunes, 16 de febrero de 2009

Actividade voluntaria


Como sabes, estes días, está de novo de actualidade o debate entre quen defende a protección do traballador nunha situación de despido (posicionándose a favor das actuais indemnizacións por despido), e quen propón unha maior flexibilidade no mercado de traballo (eliminar as indemnizacións por despido para favorecer as contratacións).

Uns e outros din defender o emprego, e argumentan as razóns que os levan a opinar deste xeito.

Busca información sobre este tema (os xornais dos últimos días son unha boa fonte) e resume brevemente as dúas posturas, expresando ao final unha opinión razoada.