jueves, 17 de diciembre de 2009

Neda construirá a súa primeira escola infantil pública


O Concello de Neda pretende situar nas inmediacións do centro cívico a primeira escola infantil de titularidade pública do municipio. Para iso, o alcalde, mantivo recentemente un encontro coa conselleira de Benestar, Beatriz Mato, na que lle transmitiu a demanda de incluír Neda no mapa de infraestruturas do Consorcio Galego o próximo ano.
Segundo o alcalde, a conselleira decidirá «en xaneiro» a consignación de fondos para esa infraestrutura con cargo aos orzamentos do próximo ano.

ver noticia completa na Voz de Galicia

viernes, 4 de diciembre de 2009

O paro crece nas axencias de viaxe


Cae un 2,5% o emprego no Turismo no terceiro trimestre, con un descenso casi do 20% nas axencias
A Comunidade de Madrid e Baleares son as únicas rexións con evolucións favorables, con aumentos do 5% e 4%
Segundo NEXOTUR.com, aínda que ofrece unha resistencia maior que a maioría dos sectores económicos, o Turismo continúa de capa caída. Durante o terceiro trimestre, esta actividade contabiliza 2,3 millóns de ocupados, un 2,5% menos que en 2008. A taxa de paro sitúase no 12,9%, porcentaxe inferior ao da media nacional.

Vexamos o lado positivo, cando o país saia da crise (algúns estiman que no 2010, outros no 2011) as axencias necesitarán cubrir estas vacantes e será unha gran oportunidade para os alumnos deste ciclo.

jueves, 19 de noviembre de 2009

Novo convenio colectivo de axencias de viaxes


Novas categorías profesionais, melloras sociais e contención salarial para esta época de crise, definen o acordo “no que todos cederon”, segundo representantes dos traballadores e empresarios do sector.

NOTICIA RELACIONADA

CONVENIO COLECTIVO 2008-2011

miércoles, 11 de noviembre de 2009

O modelo alemán: traballar menos horas e cobrar do paro


O ministro de Traballo proporá a empresarios e sindicatos un novo modelo de traballo, consistente en traballar só unha parte da xornada (deixando o resto para un traballador agora desempregad@). A diferenza de ingresos estaría cuberta, en parte, polo Estado.

En Alemaña este modelo foi exitoso e serviu de contención ao paro nesta fase de crise. Hai que lembrar que tanto en Alemaña como en Suiza levan moitos anos aplicando xornadas de traballo flexibles nas que @s traballadores/as destes países poden elixir que porcentaxe de horas traballan.

Haberá que ver se tamén funciona en España.

viernes, 6 de noviembre de 2009

Convenio colectivo de Centros de Educación Infantil e Táboas salariais dos mesmos para 2009


O convenio colectivo actualmente en vigor, que afecta aos centros de Ed. Infantil privados podes observalo no seguinte enlace: CONVENIO

As táboas salariais para o ano 2009 podes descargalas aquí: TÁBOAS SALARIAIS 2009

Ademáis os sindicatos acordaron coa patronal outras melloras salariais para 2008/09

jueves, 5 de noviembre de 2009

Escolas infantís no entorno laboral


Saiu publicado un artigo no País sobre unha idea de negocio consistente en crear unha "marca" (Eduqa) de escolas infantís, que permite aos traballadores ter aos seus fillos cerca do seu lugar de traballo, aforrando deste xeito moito tempo e coa tranquilidade de ter aos nenos nun centro de calidade cos mellores profesionais que lle permite conciliar a súa vida laboral e familiar.

Para ver o artículo entra no ENLACE.

Podes ver aquí tamén a páxina de EDUQA

viernes, 30 de octubre de 2009

Becas de CajaMadrid


Todos os anos CajaMadrid oferta becas no estranxeiro para estudantes ou titulados en FP.
Este ano aínda non saiu a convocatoria pero haberá que estar pendentes, pois é nestas datas cando normalmente se fai a inscrición.
O ano pasado sacaron 220 prazas:
  • 150 para o Reino Unido e Irlanda (7 semanas no verán)
  • 20 para Alemaña (12 semanas)
  • 50 Erasmus, para estudantes dos ciclos de Administración, Comercio, Hostalaría e Turismo e Imaxe e Son (15 semanas de abril a xuño)
Entre os requisitos están o de ter entre 18 e 28 anos, e ter un coñecemento escrito ou falado do inglés ou alemán. Enviar un CV en inglés ou alemán xunto ao expediente académico e a última declaración da renda

Pagan as viaxes, traslados, aloxamento e manutención.

E hai unhas probas de selección a celebrar en varios lugares de España (o máis cercano é León).

Mira de cando en vez a páxina: BECAS DE CAJAMADRID

viernes, 16 de octubre de 2009

Acceso dende a FP aos Estudos Universitarios


Tentaremos solventar posibles dúbidas á hora de contestar ás seguintes cuestións:
  • ¿Como están estruturadas as novas ensinanzas universitarias?
  • ¿A que carreiras podo acceder?
  • ¿Con que nota de corte?
  • Validación de créditos universitarios
Abre a Guía do estudante e o seguinte documento no que aparece a INFORMACIÓN RESUMIDA

Fonte: Guía do estudante

miércoles, 14 de octubre de 2009

¿Por que España ten unha taxa de paro que duplica a media da UE?


España ten agora mesmo unha taxa de paro do 18,5%, máis do dobre que a da UE e, no entanto, non hai movilizacións na rúa. ¿Cal podería ser o motivo?.

Segundo un informe da PYMEC (Patronal da pequena e mediana empresa) as actividades non reguladas (economía submerxida) supoñen o 23% do PIB español, 10 puntos por riba da media dos 15 países máis ricos da UE.

Indican tamén que se España tivese unha economía submerxida similar á que existe nestes países, o sistema absorvería 2,5 millóns de parados, que traballarían de forma legal cotizando e non engrosarían as cifras do paro.

Fonte: EL PAÍS

domingo, 4 de octubre de 2009

As cifras do paro non dan respiro


En setembro rexistráronse 80.367 desempregados máis que en agosto. En total suman xa 3.709.447 (taxa de paro do 17,9%), segundo os datos do Ministerio de Traballo. En Galicia superamos a barreira dos 200.000 parados.

Tamén o número de afiliados á Seguridad Social diminuiu en 66.216 traballadores, de xeito que agora hai menos de 18 millones de afiliados, cifra descoñecida dende maio de 2005.
Os 8.000 millones gastados en obras municipais polo plan E xeraron casi 420.000 postos de traballo efímeros, pero as obras previstas no plan E foron rematando.

Por outro lado, o final do verano, tamén ten unha forte incidencia no emprego do sector turístico.

O próximo 23 de outubro publicarase a enquisa de poboación activa, e teremos novas cifras.

En canto á tasa de cobertura ao desempleo (porcentaxe de parados que perciben algún tipo de axuda dos Servizos Públicos de Emprego), sitúase no 76,65%. A destrucción de emprego e o aumento de parados con axudas nos últimos meses provocaron que o gasto por desemprego se disparase. Así ata agosto, Traballo gastau 20.675 millones, casi 1.400 más dos orzamentados inicialmente.

lunes, 11 de mayo de 2009

2ª parte da actividade sobre a Lei de Prevención de Riscos


Unhas poucas preguntas máis sobre a lei, tamén para corrixir na clase e entregar (lembra que todo este traballo libera materia para o exame)

miércoles, 22 de abril de 2009

Un centenar de economistas propoñen un contrato único


Case 100 economistas, asinaron unha proposta de reforma do mercado laboral. A principal medida é a creación dun contrato único para os novos empregos para eliminar a temporalidade (agora superior ao 30%) cun custo do despedimento graduado.
Estes expertos, propoñen que as prestacións por desemprego vaian de máis a menos, e así incentivar a procura de traballo: durante os primeiros meses cobraríase o 90% do soldo (agora é aproximadamente o 70%), pero as axudas terminarían antes.
A negociación colectiva debe tamén adecuarse "ao novo modelo produtivo". Piden que se descentralice" e se dea máis liberdade ás empresas e empregados para pactar as condicións laborais.

¿E ti que opinas?

VÍA: EL PAÍS

martes, 21 de abril de 2009

Subsidio por desemprego


Busca a seguinte información na páxina do Inem:

¿que é o subsidio por desemprego?

¿Cales son os requisitos para poder solicitar o subsidio por desemprego?

domingo, 29 de marzo de 2009

ACTIVIDADE: A Seguridade Social

Procura información sobre este organismo e as prestacións que ofrece aos traballadores. Contesta ás preguntas que aparecen no exercicio, para seren corrixidas na clase

viernes, 27 de febrero de 2009

A empresa no cine


Outro recurso educativo que aborda diferentes temas relacionados coa empresa dende o cine.
Poderás ver algúns trailers de películas coñecidas que serven de axuda para reflexionar sobre temas como: a seguridade laboral, os accidentes de traballo, a motivación , o salario, os contratos, etc.

Esta actividade podes facela de forma autónoma. De momento escolle os trailers sobre estes temas: Busca de emprego, Contratos, Dereitos e Deberes, Extinción do contrato de traballo, Mobilidade Laboral, Salario e Xornada Laboral.

Segue sempre o mesmo procedemento: le o apartado ANTES DE EMPEZAR, mira o trailer, e responde ás cuestións que figuran no CUESTIONARIO. Despois dalle a ENVIAR e verás cantas respostas tes correctas.

Recurso educativo sobre os contratos de traballo e ACTIVIDADE


Nesta páxina atoparás información sobre os contratos de traballo: modalidades, modificación, suspensión e extinción dos mesmos.

Tamén conta con prácticas para que poidas comprobar os teus coñecementos.

Ademais deberás facer a seguinte ACTIVIDADE

lunes, 16 de febrero de 2009

Actividade voluntaria


Como sabes, estes días, está de novo de actualidade o debate entre quen defende a protección do traballador nunha situación de despido (posicionándose a favor das actuais indemnizacións por despido), e quen propón unha maior flexibilidade no mercado de traballo (eliminar as indemnizacións por despido para favorecer as contratacións).

Uns e outros din defender o emprego, e argumentan as razóns que os levan a opinar deste xeito.

Busca información sobre este tema (os xornais dos últimos días son unha boa fonte) e resume brevemente as dúas posturas, expresando ao final unha opinión razoada.