jueves, 28 de enero de 2010

Informacións sobre emprego e recursos formativos


No Instituto Galego das Cualificacións poderedes observar datos de emprego da nosa comunidade, as ofertas de traballo por profesións e por zona xeográfica, datos de ocupación nas diferentes profesións.

Permite tamén seleccionar unha determinada profesión (técnico en educación infantil, técnico en axencias de viaxes, etc) e ver datos sobre paro rexistrado, evolución do número de contratos, etc.

Tamén un mapa cos centros que imparten os diferentes ciclos formativos nas diversas zonas ou concellos de Galiza.

lunes, 25 de enero de 2010

400 postos de traballo no IKEA da Coruña


Como ven sabedes IKEA ten previsto abrir as súas portas na Coruña a finais de xullo, e precisa persoal para os seguintes departamentos:

·Vendas
·Atención ao Cliente
·Loxística
·Recursos Humanos
·Comunicación e Deseño de Interiores
·Restaurante
·Administración
·Caixas
·Marketing

E para personas de todas as idades, con e sen experiencia previa, interesadas en traballar tanto a tempo completo como a tempo parcial.

As candidaturas poderán presentarse, dende o día 17 de xaneiro até o próximo 28 de febreiro, a través da web de IKEA ( www.ikea.es ). Para este motivo, IKEA creou dentro da súa páxina web un espacio específico para que os candidatos poidan deixar as súas solicitudes ( www.ikea.es/nuevasaperturas ). Os interesados deberán completar un formulario cos datos relevantes do seu perfil e establecer as súas preferencias laborais.

Aceptaranse e estudaranse todas as candidaturas, independentemente da data de presentación das mesmas. O proceso de selección prolongarase ao longo de varios meses xa que os postos teñen distinta data de incorporación atendendo á formación que requiren. Algúns empezarán traballando antes da apertura nos centros de Oviedo e Porto para que estén totalmente formados cando abra o da Coruña.

Oferta pública de emprego en territorio español


Podes ver as convocatorias DESTA SEMANA para ocupar prazas diversas na Administración Pública nas diferentes comunidades autónomas no seguinte ENLACE