
Como ven sabedes IKEA ten previsto abrir as súas portas na Coruña a finais de xullo, e precisa persoal para os seguintes departamentos:
·Vendas
·Atención ao Cliente
·Loxística
·Recursos Humanos
·Comunicación e Deseño de Interiores
·Restaurante
·Administración
·Caixas
·Marketing
E para personas de todas as idades, con e sen experiencia previa, interesadas en traballar tanto a tempo completo como a tempo parcial.
As candidaturas poderán presentarse, dende o día 17 de xaneiro até o próximo 28 de febreiro, a través da web de IKEA ( www.ikea.es ). Para este motivo, IKEA creou dentro da súa páxina web un espacio específico para que os candidatos poidan deixar as súas solicitudes ( www.ikea.es/nuevasaperturas ). Os interesados deberán completar un formulario cos datos relevantes do seu perfil e establecer as súas preferencias laborais.
Aceptaranse e estudaranse todas as candidaturas, independentemente da data de presentación das mesmas. O proceso de selección prolongarase ao longo de varios meses xa que os postos teñen distinta data de incorporación atendendo á formación que requiren. Algúns empezarán traballando antes da apertura nos centros de Oviedo e Porto para que estén totalmente formados cando abra o da Coruña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario