martes, 10 de mayo de 2011

ACTIVIDADE 21: Continuación do Plan de Prevención

Despois de identificar as instalacións, o grupo de traballo debe avaliar os posibles riscos presentes nos nosos espazos de traballo. Ten tres partes:

1) Sinalaredes cales son os posibles riscos:
  • condicións de seguridade (lugar de traballo, uso de equipos, electricidade, incendios, sinalización).
  • medioambientais (ruido, iluminación, temperatura, radiacións, etc).
  • carga de traballo (fatiga física ou mental)
  • organización do traballo (estrés, insatisfacción laboral, burn-out, mobbing).
Cando poñades un risco tedes que xustificalo ou concretalo no voso ciclo.

2) Analizaredes o risco e o valoraredes en función da seguinte táboa (tal e como se explica no libro de texto nas páxinas261 e 262):
3) Tedes que propoñer medidas para evitar eses riscos na medida do posible, indicando:

  • acción a tomar
  • prazo de execución

No hay comentarios: