
Busca o listado de enfermidades profesionais que existe en España (R.D. 1299/2006). Despois anota nunha folla dúas enfermidades de cada grupo, dicindo en cada unha delas o axente causante, os síntomas asociados, e as actividades ou profesións que poden producila.
Se eres do ciclo de Turismo xa remataches a actividade, pois non hai ningunha enfermidade profesional asociada á profesión de guía turístico ou nas axencias de viaxe, pero se eres de Ed. Infantil debes continuar.
Só para Educación Infantil:
A continuación investiga e busca dentro da lista algunha enfermidade profesional relacionada coa túa profesión (podes utilizar a ferramenta BUSCAR que en Internet Explorer está en EDICIÓN e en Firefox está en EDITAR, procurando a palabra "profesor").
Por último entra nos documentos sobre as ENFERMIDADES PROFESIONAIS NOS CENTROS ESCOLARES e PROBLEMAS DA VOZ EN DOCENTES e realiza o EXERCICIO PROPOSTO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario