viernes, 30 de abril de 2010

Ciclo Superior de Guía, Información e asistencia turísticas


Se queredes ver a información sobre o novo ciclo que se impartirá no centro para o curso 2010-11 , pinchade no seguinte link.

É unha titulación LOE de 2000 horas, así que terá 2 cursos en lugar de 1 como tiña Axencias de Viaxes. No último trimestre do 2º curso é cando se fará a FCT (Formación en centros de Traballo) e o Proxecto.

INFORMACIÓN

viernes, 23 de abril de 2010

Carreiras relacionadas co C. S. de Axencias de Viaxes


Nestes enlaces que figuran a continuación podedes ver os programas dos graos que ten a Universidade da Coruña, relacionados co voso ciclo.

Lembrade que unha vez rematado o ciclo superior, tedes acceso automático a calquera grao universitario, ainda que tedes que ter en conta que para carreiras con limitación de prazas hai unha nota de corte. A nota coa que vos concurrides é a nota media do ciclo + unha porcentaxe dos dous módulos nos que teñades mellor nota.

Grao de Turismo na Coruña

Outras carreiras:
Grao en Ed. Infantil

Grao en Ed. Primaria

Programa do Grao en Ciencias Empresariais

Grao en Ciencias Empresariais

Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios

Unha vez escollido o grao, lembra que, polo feito de ter aprobado este ciclo, terás validados un número de créditos (concretos ou de libre configuración), que dependerán do grao e da universidade de que se trate. A última información relativa a este tema atópase na seguinte dirección GUÍA VALIDACIÓN
Esta información debería contrastarse nas diferentes facultades.

martes, 20 de abril de 2010

Carreiras relacionadas coa Educación infantil



Nestes enlaces que figuran a continuación podedes ver os programas dos graos que ten a Universidade da Coruña, relacionados co voso ciclo.

Lembrade que unha vez rematado o ciclo superior, tedes acceso automático a calquera grao universitario, ainda que tedes que ter en conta que para carreiras con limitación de prazas hai unha nota de corte. A nota coa que vos concurrides é a nota media do ciclo + unha porcentaxe dos dous módulos nos que teñades mellor nota.

Grao en Ed. Infantil

Grao en Ed. Primaria

Grao en Ed. Social

Grao en Logopedia

Unha vez escollido o grao, lembra que, polo feito de ter aprobado este ciclo, terás validados un número de créditos (concretos ou de libre configuración), que dependerán do grao e da universidade de que se trate. A última información relativa a este tema atópase na seguinte dirección GUÍA VALIDACIÓN
Esta información debería contrastarse nas diferentes facultades.

viernes, 9 de abril de 2010

Indemnización por despido millonaria


Galletas Gullón pagará 8,9 millóns a un directivo por despedilo, que incluen 700.000 euros en concepto de salarios de tramitación. O beneficiario é Miguel Martínez Gabaldón, director xeral de Galletas Gullón durante 22 anos, que foi despedido por unha suposta "deslealtade".
A empresa -a maior galleteira de Europa, que facturou o ano pasado 162 millóns e gañou 10 millóns en 2008- anunciou que recurrirá a sentencia, pero ten tamén a opción de readmitir ao empregado en lugar de pagar a sanción. Martínez Gabaldón gañaba na empresa 1,6 millóns brutos anuais. Detrás do procedemento xudicial hai unha cruenta batalla familiar polo control da sociedade.

Ver a noticia en EL PAÍS