Nestes enlaces que figuran a continuación podedes ver os programas dos graos que ten a Universidade da Coruña, relacionados co voso ciclo.
Lembrade que unha vez rematado o ciclo superior, tedes acceso automático a calquera grao universitario, ainda que tedes que ter en conta que para carreiras con limitación de prazas hai unha nota de corte. A nota coa que vos concurrides é a nota media do ciclo + unha porcentaxe dos dous módulos nos que teñades mellor nota.
Grao en Ed. Infantil
Grao en Ed. Primaria
Grao en Ed. Social
Grao en Logopedia
Unha vez escollido o grao, lembra que, polo feito de ter aprobado este ciclo, terás validados un número de créditos (concretos ou de libre configuración), que dependerán do grao e da universidade de que se trate. A última información relativa a este tema atópase na seguinte dirección GUÍA VALIDACIÓN
Esta información debería contrastarse nas diferentes facultades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario