martes, 26 de octubre de 2010

Centros de Atención á Infancia


As escolas infantís (0-3 anos) son consideradas unha oportunidade de negocio segundo un informe de BIC Galicia.
No enlace que figura abaixo podes saber máis acerca dos diferentes tipos de centros de atención á infancia, entre os que se atopan as Escolas Infantís, os Puntos de Atención á Infancia (PAI) e os Espazos Infantís.

Temos tamén información moi interesante sobre dous modelos de negocio de Escola Infantil, un nun entorno urbano e outro no rural.

ENLACE

Neste outro LINK podes ver as oportunidades de negocio na zona de Ferrolterra.

En concreto hai un informe sobre a boa opción de negocio que supón crear una escola infantil na comarca de Ferrolterra que traballaremos o ano que ven no ciclo de Iniciativa Emprendedora. Podes ir botándolle un vistazo neste ENLACE

domingo, 24 de octubre de 2010

Oferta pública de emprego: Rede de Escolas Infantís de Galicia


Como ben sabedes até hai dous anos funcionaba na nosa comunidade o sistema de escolas infantís baseado no concepto das Galescolas (podes ver información sobre elas e o seu proceso de selección nunha entrada anterior)
Co cambio de goberno cambiou o sistema e agora chámase Rede de Escolas Infantís de Galicia

As Escolas Infantís son os centros educativos da Rede Galega de Escolas Infantis de 0 a 3 anos xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
Trátase dun servizo público de atención á infancia con idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos.

Busca información na web do consorcio de igualdade e benestar, referente a os centros xa existentes e os de próxima creación para ter unha idea das prazas de persoal laboral que poden crearse para xente do ciclo de infantil.

Le tamén de cando en vez os anuncios da páxina , por se houbese algunha praza convocada para estes centros.

Por último, ten en conta que existen moitas máis escolas infantís públicas das que figuran na Rede Galega de Escolas Infantís, xestionadas en moitos casos polos concellos correspondentes. Atoparás información sobre elas nas páxinas web de cada concello.

viernes, 22 de octubre de 2010

Datos do observatorio ocupacional para turismo


(pincha na imaxe para agrandala)

Ao igual que sucede cos de Educación Infantil, os técnicos de empresas turísticas son moi demandados nos últimos anos en Galiza, segundo o estudio do Observatorio ocupacional da Consellería de Traballo e benestar. Aumentando o número de contratacións e con unha estabilidade laboral media.

Datos do observatorio ocupacional



Como podedes observar os técnicos de educación infantil son moi demandados nos últimos anos en Galiza, segundo o estudio do Observatorio ocupacional da Consellería de Traballo e benestar. Aumentando o número de contratacións e con unha estabilidade laboral media.

jueves, 21 de octubre de 2010

Como atopar emprego


Esta presentación danos algúns consellos que poden ser útiles á hora de buscar emprego.


Como saír airoso de 5 preguntas complicadas nunha entrevista de traballo


Nun post de EL BLOG SALMÓN cóntannos como capear estas cinco cuestións que poden aparecer nunha entrevista laboral:
“Fáltache experiencia”...pero teño moitas capacidade de aprendizaxe
“A túa formación non é a adecuada ao posto”...pero serviume para mellorar a miña capacidade de traballo en equipo, a capacidade de sacrificio e a capacidade analítica para enfrontarme a problemas.
“Eres moi novo”...pero a miña formación é máis actual e permíteme maior capacidade de adaptación.
“Eres moi vello”...pero conto coa vantaxe da miña experiencia acumulada.
“A xente hoxe en día non se compromete”...pero eu espero que a miña colaboración no cumprimento dos obxectivos da empresa redunde en beneficio de ambos.

ENLACE

O 40% dos currículums enviados ás empresas teñen datos falseados


Segundo un artículo publicado na Voz de Galicia, case a metade dos currículums conteñen información falsa ou esaxerada.
Estes datos falsos non son detectados en moitos casos, pois comprobar exhaustivamente todos os datos levaría demasiado tempo ás empresas de selección e un custo elevado para as empresas contratantes.
Aínda que os custos xerados á empresa pola contratación de un traballador inadecuado poden ser moito maiores.
Podes ver toda a noticia no ENLACE

Comunicación non verbal nas entrevistas de traballo


No blog do módulo de RET (Relacións no entorno de traballo) hai un artículo interesante que fala de como se debe dar a man nunha entrevista ou renión de traballo ou da información que se pode obter desa man que ofrecen.

Pincha neste ENLACE

entrevistas de traballo

Consellos xerais dunha entrevistadora profesional

martes, 5 de octubre de 2010

GUÍA DE EMPREGO 2010-2011


Guía elaborada polo concello de Santiago, na que podes atopar algunha información moi interesante:
  • xacementos de emprego (tanto de turismo como de ed. infantil),
  • postos de traballo nas administracións públicas,
  • cómo facer un plan de empresa,
  • direccións útiles á hora de buscar emprego,
  • portais de emprego,
  • consellos para facer unha carta de presentación e o currículum,
  • consellos e cuestións que te farán nunha entrevista, etc.