domingo, 24 de octubre de 2010

Oferta pública de emprego: Rede de Escolas Infantís de Galicia


Como ben sabedes até hai dous anos funcionaba na nosa comunidade o sistema de escolas infantís baseado no concepto das Galescolas (podes ver información sobre elas e o seu proceso de selección nunha entrada anterior)
Co cambio de goberno cambiou o sistema e agora chámase Rede de Escolas Infantís de Galicia

As Escolas Infantís son os centros educativos da Rede Galega de Escolas Infantis de 0 a 3 anos xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
Trátase dun servizo público de atención á infancia con idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos.

Busca información na web do consorcio de igualdade e benestar, referente a os centros xa existentes e os de próxima creación para ter unha idea das prazas de persoal laboral que poden crearse para xente do ciclo de infantil.

Le tamén de cando en vez os anuncios da páxina , por se houbese algunha praza convocada para estes centros.

Por último, ten en conta que existen moitas máis escolas infantís públicas das que figuran na Rede Galega de Escolas Infantís, xestionadas en moitos casos polos concellos correspondentes. Atoparás información sobre elas nas páxinas web de cada concello.

No hay comentarios: