martes, 1 de febrero de 2011

Colaboracións para os alumnos de Educación Infantil

O noso instituto participará nun acordo co Concello de Ferrol a través da ONG Acción Familiar, consistente en realizar tarefas de conciliación no ámbito familiar para persoas con poucos recursos económicos, posiblemente financiada pola Deputación da Coruña.
Trátase de dar cubrir unha necesidade ate agora desatendida, consistente en dar atención aos fillos destas familias cando, por motivos de asistencia a cursos de formación ou a un traballo de curta duración, non teñan posibilidades de que sexan atendidos de outra forma. Estas familias deberán xustificar que non teñen medios para cubrir esta necesidade de outro xeito, para non incurrir en competencia con empresas de ámbito privado.
O proxecto está aínda está por desenvolver, e non podemos precisar canta xente necesitarán, canto durarán os servicios, canto pagarán por eles (non vai ser unha cantidade moi grande), etc. As actividades con estes nenos faranse, case con seguridade, na Ludoteca do concello e comezarán a partir do mes de marzo-abril.
En principio, prefiren a titulados no ciclo, aínda que tamén a xente que esta a estudialo na actualidade podería realizar actividades auxiliares (lembrade que non podería ser en horario lectivo).
Se estades interesados podedes poñervos en contacto con calquera profesor do ciclo ou coa orientadora do instituto.