martes, 9 de diciembre de 2008

Pronto... no Sofía


Na última semana antes das vacacións veremos o filme gañador de 2 Goyas "O MÉTODO", no que veremos unha curiosa forma de seleccionar ao persoal.
É unha película española protagonizada entre outros por Eduardo Noriega, Carmelo Gómez, Natalia Verbeke, Adriana Ozores, Eduard Fernández, Najya Nimri ou Ernesto Alterio, e dirixida por Marcelo Piñeyro. Está baseada na obra "O método Grönholm".
Podes ver unha sinopse en butaca.net

miércoles, 3 de diciembre de 2008

Convenio colectivo das Axencias de Viaxes e Táboas Salariais Actualizadas


Podes acceder ao convenio colectivo para axencias de viaxes para ver a regulación das condicións laborais no ámbito deste tipo de empresas.

Este convenio é do 2005 pero aínda ten validez no momento actual, o único que non ten validez son as táboas salariais. No seguinte enlace tes as TÁBOAS SALARIAIS ACTUALIZADAS