martes, 26 de abril de 2011

Un novo suicidio en France Télécom. Un traballador reabre a crise dos suicidios na empresa quemándose ao bonzo

O Goberno de Sarkozy xa tivera que tomar medidas en 2009 tras quitarse a vida 44 traballadores en ano e medio polas condicións estresantes na empresa, a maioría no seu centro de traballo.

Os sindicatos denunciaron no seu momento os estresantes métodos de traballo e de organización, os constantes cambios de ubicación, de tarefa e de residencia dos traballadores e a presión directa (a base de constantes correos electrónicos) para estimular a prexubilación. "De un día a outro, anúnciaselle aos traballadores que deben mudarse a un posto que está a 50 o 100 kilómetros do anterior", explicaba un delegado sindical.

Outro programa interno da empresa -denominado, en inglés, Time to move (tiempo de moverse)- obriga a determinados cargos medios a cambiar de posto cada tres anos. "Está inspirado no exército, para evitar que os xefes se encariñen cos seus empregados e se opoñan ás reduccións de persoal ou aos cambios de ubicación".

Un informe da inspección de Traballo confirmou en 2010 que as intencións da empresa, co seu terminante e incesante política de traslados e cambios de actividade, era minar a moral e suprimir 22.000 postos de traballo, a maioría funcionarios, dos 100.000 con que conta France Télécom.

via El Pais

No hay comentarios: