lunes, 6 de septiembre de 2010

Reforma Laboral 2010

Neste enlace podes ver os cambios producidos pola reforma laboral realizada este verán.



Cos cambios introducidos no Congreso, unha empresa pode despedir por motivos económicos (con indemnización de 20 días por ano traballado) se alega "perdas actuais ou previstas" ou se rexistra "unha diminución pesistente do seu nivel de ingresos". Esta redacción limita moito máis os supostos en que un xuíz pode negarse a certificar que o despido obedece a razóns económicas. Así o Goberno pretende acabar coa anomalía que supón que, en plena crise, máis do 75% dos despidos se tramiten como improcedentes, principalmente porque o empresario prefire pechalos de inmediato e aforrarse a incertidume xudicial. Ademais, o Estado financia, a través dun fondo público nutrido con aportacións empresariais, parte da indemnización (será o FOGASA e non o empresario quen pague esa parte).

Máis aló dese cambio, a reforma universaliza o contrato máis barato en caso de despido improcedente (33 días por ano fronte aos 45 ordinarios). Esa fórmula, que xa podía aplicarse a un bo número de colectivos, amparará a cualquera persoa que veña do paro ou dun contrato temporal, o que na práctica reduce a modalidade dos 45 días a fichaxes entre empresas.

O maior avance en flexibilidade interna perseguese co modelo alemán de redución de xornada. A cambio de manter a plantilla, o empresario reduce a xornada e o soldo ao trabajador, que compensa a merma salarial cobrando o paro correspondente ás horas non traballadas. Para axilizar as decisións empresariais, o texto limita a 15 días improrrogables as negociacións para modificar as condicións de traballo da plantilla e crea a figura dun árbitro ao que se poderá recurrir en caso de desacordo. Facilítase, ademais, o "descuelgue salarial" respecto do que marque o convenio sectorial.

A reforma adéntrase tamén na regulación do desemprego. Os parados terán 30 días (ata agora eran 100) para rexeitar cursos de formación. A partir dese prazo poderán ser sancionados. Ademais, as axencias privadas de colocación colaborarán cos servizos públicos de emprego nas colocacións.

No hay comentarios: