sábado, 6 de marzo de 2010

Discriminación na roupa de traballo nunha óptica


O Xulgado do Social número 26 de Madrid deu a razón a unha empregada dunha óptica que interpuxo unha demanda por discriminación despois de que o seu xefe lle impuxese unha nova xornada laboral, con cambio de horarios e localización, tras solicitar desde o Comité de Empresa que se modificará a obrigación de que as mulleres tivesen que levar só roupa interior debaixo de bata para poder vestir a roupa de rúa, do mesmo xeito que fan os traballadores da empresa.

Esta traballadora, que era membro do Comité de Empresa, reclamou en outubro de 2008 un cambio na normativa interna da empresa sobre a diferenza da vestimenta obrigada das traballadoras fronte aos traballadores.

As mulleres non podían permanecer coa roupa de rúa e menos se consistía en pantalón
Os homes podían manter a súa roupa de rúa debaixo de bata de traballo, sempre que os pantalóns e zapatos non fosen deportivos.

Ver a noticia completa en Público
http://www.publico.es/espana/actualidad/258005/bata

No hay comentarios: