miércoles, 19 de enero de 2011

A Xunta anuncia a apertura de 25 novas escolas infantís con 1.000 prazas públicas este ano


Noticia aparecida na Opinion hoxe:
O presidente da Xunta, anunciou onte a apertura de 25 novas escolas infantís en Galicia durante este ano, nas que se ofertarán mil novas prazas públicas, de modo que o 2011 acabará con 2.700 prazas novas con respecto ao ano 2009.

Feijóo sinalou que no que vai de lexislatura, crearonse 1.700 prazas de escolas infantís, e Galicia "segue aproximándose" á ratio marcada pola UE do 33%.

No hay comentarios: