Ciclos superiores: "Guía, información e asistencia turísticas" e "Educación Infantil"
martes, 9 de diciembre de 2008
miércoles, 3 de diciembre de 2008
Convenio colectivo das Axencias de Viaxes e Táboas Salariais Actualizadas

Podes acceder ao convenio colectivo para axencias de viaxes para ver a regulación das condicións laborais no ámbito deste tipo de empresas.
Este convenio é do 2005 pero aínda ten validez no momento actual, o único que non ten validez son as táboas salariais. No seguinte enlace tes as TÁBOAS SALARIAIS ACTUALIZADAS
martes, 18 de noviembre de 2008
Bases e Temario das oposicións ás Galescolas

Como ben sabedes, @s técnic@s superiores en Educación Infantil tedes a posibilidade de presentarvos aos concursos-oposicións que saen de cando en vez para cubrir prazas de persoal laboral nas Galescolas, na categoría de Educador/a Infantil.
Cada Galescola é autónoma á hora de seleccionar o seu persoal, pero sempre seguindo os criterios establecidos nunhas bases xerais polo CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR.
Tede en conta que nos próximos dous anos contan con crear 121 novas galescolas, algunhas delas próximas á nosa comarca (a máis inmediata será a de Ares).
Para ver un resumo das bases que rexen estas convocatorias descarga o seguinte DOCUMENTO
O enlace á web do Consorcio figura na lista de enlaces de busca de emprego
miércoles, 12 de noviembre de 2008
As preguntas da crise: ¿Canto se cobra no paro? ¿cal é a indemnización por despido? ¿cantas cuotas teño que deber ao banco para que me embarguen?

Estas e outras preguntas son contestadas nun artículo publicado no País hai uns días.
Así enterámonos que un parado sen cargas familiares cobra unha prestación de entre 482 e 1055 euros, 1206 é o máximo se ten un fillo e 1356 se ten máis de un.
Tamén a canto pode ascender o subsidio por desemprego (para aqueles que finalizaron o cobro da prestación e se atopan nunha situación de difícil reinserción): 413 euros.
Se queres saber o que é un concurso de acredores e outras cuestións interesantes pincha no seguinte ENLACE
Etiquetas:
crisis,
indemnizacións,
paro,
prestacións
sábado, 25 de octubre de 2008
Malos tempos para buscar chollo

Segundo as cifras dadas a coñecer onte na Enquisa de Poboación Activa (EPA) o paro aumentou en España en 217.200 persoas só no terceiro trimestre.
A cifra sitúa o número total de desempregados en 2.598.800, o dato máis alto desde 2000.
Nun ano, os traballadores sen emprego aumentaron en 806.900, un 45,03%. En consecuencia, a taxa de paro subiu o 0,88% e sitúase nestes momentos no 11,33% da poboación activa, a porcentaxe máis elevada desde o primeiro trimestre de 2004. No que vai de ano 2.445 traballadores fóronse ao paro cada día. O dato contén feitos preocupantes, por primeira vez en 14 anos, desde a crise dos noventa, destrúese emprego. En termos interanuais, de setembro a setembro, o número de ocupados diminuíu en 164.300 persoas (0,8%) e sitúase en 20.346.300 cidadáns.
Un dos efectos é o aumento do número de fogares con todos os seus membros en idade de traballar desocupados. No último trimestre, o seu número aumentou en 84.300, un 15,2%. Suman xa 638.000.
O deterioro no último trimestre non se limita ao sector da construción (57.600 novos parados), afecta tamén á industria, con 27.200 novos parados nos últimos tres meses e á agricultura (26.900). Nin sequera o flotador económico tradicional da economía española, o sector servizos (47.700 parados máis nos últimos tres meses), serve para manter o tipo.
Por primeira vez desde 1994, o número de parados homes nun trimestre superou ao de mulleres: 170.700 parados homes máis, fronte a 46.600 mulleres. A taxa de paro, con todo, segue sendo máis elevada entre as mulleres: 12,66% fronte ao 10,32% dos homes. E é tamén máis elevada entre os estranxeiros (taxa do 17,45% e 43.100 novos parados entre xullo e setembro) que entre os españois (10,20% de taxa de paro e 174.100 novos desempregados).
E o peor parece que aínda está por chegar.
via: el país
martes, 14 de octubre de 2008
A CONTRACORRENTE: Ferrolterra, Eume e Ortegal contan agora con medio milleiro de desempregados menos que no principio do ano

Aínda que setembro foi un mal mes, se collemos todo o 2008 o paro baixou nestas comarcas. Ao revés do que sucede no resto de Galiza e de España.
No cómputo dos tres primeiros trimestres do ano, a información oficial da Consellería de Traballo indica que o paro se reduciu desde que se iniciou o ano. Así, en xaneiro había inscritos nas listas comarcais de desocupados 13.030 persoas, fronte aos 12.531 actuais, ou o que é o mesmo, Ferrolterra, Eume e Ortegal comezaron o 2008 cun 3,8% de parados máis dos que ten nestes momentos.
O bo momento do naval está entre as posibles causas que explican esta situación. As compañías auxiliares que traballan para os estaleiros da ría ata se enfrontaron a dificultades para atopar a persoal co que atender a carga de traballo de Navantia. Doutra banda, a caída da construción non tivo tanta repercusión nas tres comarcas como no resto de Galicia.
Feminización do paro
A pesar de todos os esforzos realizados por reducir substancialmente o paro feminino, nas tres comarcas a maioría das persoas que figuran nas listaxes oficiais como buscadores activos dun posto de traballo son mulleres. Dos 12.531 desempregados rexistrados actualmente en Ferrolterra, Eume e Ortegal, 7.949, é dicir, o 63,4% son mulleres. Tampouco se aprecia un cambio de tendencia en canto aos tramos de idade e son os maiores de 25 anos os que se ven máis prexudicados polo aumento do paro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)