
Todos os anos CajaMadrid oferta becas no estranxeiro para estudantes ou titulados en FP.
Este ano aínda non saiu a convocatoria pero haberá que estar pendentes, pois é nestas datas cando normalmente se fai a inscrición.
O ano pasado sacaron 220 prazas:
- 150 para o Reino Unido e Irlanda (7 semanas no verán)
- 20 para Alemaña (12 semanas)
- 50 Erasmus, para estudantes dos ciclos de Administración, Comercio, Hostalaría e Turismo e Imaxe e Son (15 semanas de abril a xuño)
Pagan as viaxes, traslados, aloxamento e manutención.
E hai unhas probas de selección a celebrar en varios lugares de España (o máis cercano é León).
Mira de cando en vez a páxina: BECAS DE CAJAMADRID